Musikaze.com

» Grupos » Fanny+Alexander » El Grupo

Regístrate aquí

  • Localización: Santiago de Compostela, A Coruña - Galicia (ESPAÑA)
  • Estilo(s) musical(es): Electronica, Electronica, Rock, Alternative/Indie-Rock, Alternative Pop/Rock
BIOGRAFÍA

O dúo compostelán Fanny + Alexander fai o seu debut coa edición simultánea dun EP de catro cancións -de distribución gratuita pola rede baixo licenza Creative Commons a través de www.aregueifa.net- e a saída ao mercado dun CD que inclúe ademáis outros catro temas do seu pasado máis recente.

Oito temas -sete cantados en galego e un en inglés-, englobados baixo o título de Lusco e Fusco, nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais.

Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n' cuts, pandeiros... e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo.

En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma Hood, The Postal Service ou Electric President.

Contacto: fannyalexander@gmail.com

Blog de Fanny + Alexander: http://fannyalexander.blogspot.com

AUDIO / VÍDEO


COMPONENTES

Próximos Conciertos »

(no hay conciertos disponibles)


Twitter

Facebook