Que é Musikaze

Imprimir

Atópaste en: Portada » musikaze » Que é Musikaze

Un portal musical independente

Musikaze é o teu sitio para coñecer, escoitar e ver música. Unha música multicultural, ecléctica e cosmopolita; un lugar onde atopar o que buscas e sorprenderte co que non che esperas, onde explorar a música de calquera país, de calquera estilo musical.
En Musikaze podes escoitar cancións e ver vídeos, sintonizar [1] Musikaze Radio, informarte sobre [2] festivais, estar ao día dos [3]concertos da túa provincia e dos máis afastados, da [4] actualidade do panorama musical, descubrir  novos [5] grupos, ler [6] fanzins e revistas musicais, consultar catálogos de [7] selos discográficos, mercar discos, adquirir entradas dos teus concertos... Poderás vivir a música dende casa e achegarte á música en vivo.

En Musikaze ti es o protagonista. Creando a lista dos teus favoritos cos teus temas e artistas preferidos poderás seguir de cerca á música que realmente te interesa.

un foro de encontro

Aquí son os propios músicos e profesionais da música dos que publican directamente as noticias, anuncian concertos, venden entradas, soben as súas cancións e fotos, ou venden os seus discos.

É polo tanto unha oportunidade para eles de dar a coñecer o seu traballo, de promocionar o seu grupo, festival, selo discográfico ou publicación musical, de compartir a súa música, accedendo ao público se intermediarios, preferencias nin partidismos.

A nosa intención é reunir nun espacio común á xente do mundo da música:

  • artistas, tanto consagrados como amateurs
  • promotores de concertos e de festivais de música de tódolos estilos
  • editores de publicacións musicais
  • propietarios de estudios de gravación e selos discográficos
  • productores, managers, tendas de música, músicos profesionais
  • ...e por suposto a vos, entusiastas da música
Sitios musikaze: unha fiestra á música

Os [1] sitios musikaze son a ponte de comunicación entre os músicos e o seu público.

Cada sitio Musikaze é unha potente ferramenta de publicación de contidos coa que promocionar en Musikaze os teus concertos, noticias, discografía, etc, ou simplemente enlazar coa túa web oficial. E se aínda non dispós de web oficial o teu sitio Musikaze pode converterse nunha completa web profesional dotada de tódolos servicios: venda online de entradas e discos, reproductor de mp3, visualización de vídeos, galerías de fotos, foros, datos de contacto... Todo iso sen necesidade de dispoñer de hosting nin dominio propios e de unha forma incriblemente sinxela e cómoda. Tan fácil como escribir nun blog.

E coa vantaxe de aparecer nas listas de Musikaze.

O público non só obtén facilmente información actualizada e de primeira man, ademais pode expresar a súa opinión comentando as noticias, criticando os concertos ou participando nos foros.

Un mundo por descubrir

Musikaze preténdese converter nun gran catálogo de todo tipo de música, onde teñan cabida os artistas máis remotos e dispares, as novas tendencias e os vellos ritmos, a música de nova ola e a tradicional, os artistas de vangarda e os clásicos de sempre, os máis variados estilos: dende o rock ata os coros vocais, dende a música africana á latina, pasando polo pop, o folk, o jazz, o funk, o rap...
Queremos facilitar o acceso á rede a artistas de tódolos recantos do planeta, converternos nunha referencia de información musical, permanentemente actualizada do panorama internacional, ser un lugar de cita obrigada coa música.
A que esperas para empezar? [1] Entra, explora, divértete.

Concertos

...ADD?. Moog Barcelona - BARCELONA. 22/05/2012 »
ROYAL BATHS + Ly. Sidecar - BARCELONA. 22/05/2012 »
The School. The Ruby Lounge - MANCHESTER. 22/05/2012 »
THE BOWERS. Porta Caeli - VALLADOLID. 22/05/2012 »
Wim Mertens. Teatro Olympia - VALENCIA. 22/05/2012 »
RODRIGO LEAO. Teatro Haagen Dazs - MADRID. 22/05/2012 »
MAITIPS. Festival Mendebala de Sopuerta. 22/05/2012 »
Love of Lesbian. FNAC El Triangle - BARCELONA. 22/05/2012 »
Ismael Serrano. Teatro Victoria Eugenia - DONOSTIA. 22/05/2012 »
THE MUGGS. Sala Acapulco (Casino de Asturias) - GIJÓN. 22/05/2012 »
THE MUGGS. SALA ACAPULCO - GIJON. 22/05/2012 »
» Máis concertos



Entradas

» Máis concertos